II Concurso Muller TODAS 2007
BASES DA CONVOCATORIA
- O obxectivo deste Concurso é dar visibilidade á Muller na rede e promover a creación de contidos de interese, de autoría feminina ou masculina, sobre a Muller na blogosfera.
- O concurso dura 10 semanas: 2 meses para o envío de inscricións e 2 semanas para a deliberación do xurado:
As datas de inscrición son do 1 de setembro ao 31 de outubro do 2007 (inclusive) non se aceptando envíos posteriores a esa data.
O fallo do xurado farase público en novembro do 2007.
- A convocatoria é de ámbito internacional.
- Idioma: É requisito enviar os contidos en castelán. Poden inscribirse tamén artigos noutras linguas (éuscaro, catalán, galego, inglés, francés, portugués… etc.) sempre que se inclúa tradución ao castelán para que sexa comprensible por calquera lector ou lectora falante de castelán.
- Formatos: poden inscribirse artigos ou posts de texto (escritos) de imaxe (fotografía, poesía experimental, fotos de móbiles, etc.) de son (podcasts, mp3 de produción propia) e vídeos (videoblogs ou videoclips) de produción propia.
- Requisito: Este concurso está centrado na blogosfera, en contidos publicados en bitácoras. Todos os arquivos inscritos deben estar publicados nun weblog, blog o bitácora, ou nun videoblog, podcast, o fotoblog, previamente á súa inscrición.
CATEGORÍAS
CATEGORÍA 1: Mellor artigo (texto) sobre a Muller
CATEGORÍA 2: Mellor fotografía (imaxe) sobre a Muller
CATEGORÍA 3: Mellor podcast (son) sobre a Muller
CATEGORÍA 4: Mellor vídeo sobre a Muller
A temática é libre en todos os formatos. Poden ser posts de divulgación, ensaio, creativos, de humor, eróticos, crónicas de viaxes, gastronómicos, científicos, de temas literarios, políticos, feministas, actualidade, tecnoloxía… non hai limitacións agás que “a muller” apareza como protagonista. Lembrade que é o tema eixo do noso concurso.
CATEGORÍA 5: “Caza ao xurado”
Establécese unha categoría máis aberta a calquera participante, sexa blogueiro/a ou lector/a. Queremos agasallar tamén aos lectores e lectoras de blogs, teñan ou non bitácora.
Durante o desenvolvemento do concurso imos dar “pistas” do noso xurado para que os cacedes; do mesmo xeito, eles e mais elas, desde as súas bitácoras van dar cadansúa pista.
Ímolo poñer fácil
AS INSCRICIÓNS
As inscricións para o Concurso faranse mediante un formulario dispoñíbel na Bitácora especifica do Concurso Muller Todas 2007 (e/ou por correo-e). Os datos van ser comprobados e os correos-e verificados previo a seren inscritos no concurso.
Tedes que nos enviar os seguintes datos:
• o enlace do voso blog, videoblog, podcast, etc. onde atopar o arquivo que presentedes
• nome do autor ou autora
• cidade e país de residencia
- Os datos e correos-e recibidos hanse comprobar como veraces e hase enviar un “acuse de recibo”.
O xurado ten liberdade absoluta para descualificar artigos que presenten dúbidas respecto das bases da convocatoria.
O xurado do Concurso Muller Todas actuarán de xeito independente, conforme o seu criterio.
Nota: Ningún artigo de “Todas. La Bitácora para Ellas” pode inscribirse na convocatoria.
O XURADO
O xurado do Concurso Muller Todas 2007 son 4 persoas: 2 homes e 2 mulleres de recoñecido prestixio na blogosfera.
A súa identidade hase descubrir tralo peche de inscricións do concurso.
Son 4 persoas que posúen grande experiencia e sona na blogosfera.
OS PREMIOS
Establécense 10 premios:
- 2 premios por cada categoría de contidos: un para a autoría feminina e outro para a autoría masculina
- 2 premios á categoría de “Caza ao xurado”
O xurado determinará a distribución dos premios do Concurso Muller Todas, isto é, eles/elas deciden o que se obsequia e a quen.
No caso de ser declarada deserta algunha das categorías previstas, o xurado poderá distribuír todos os premios entre os participantes como considere.
Os agasallos
Este concurso no é unha competición. Os premios non se desvelan até o final e queremos agasallar aos/ás participantes que contribúan á difusión de bos contidos sobre a Muller.
Os artigos seleccionados pola súa calidade de contidos en cada unha das categorías, recibirán os agasallos sorpresa que temos previstos.
Os premios van desvelarse tralo peche de inscricións do concurso.
As marcas colaboradoras que vos agasallan son as que aparecen nos banners habilitados para a convocatoria.
Visitade as webs dos patrocinadores que colaboran nesta convocatoria.













